Triunfo claro ante o Cospeito

Claro triunfo da SD Guitiriz ante o Cospeito por 4-0. Ambos conxuntos chegaban a esta xornada con pleno de victorias no máis alto da táboa.

Un gran comezo de encontro marcou e definiu practicamente o choque, Javi e Borja puxeron o 2-0 no marcador, no que foron uns minutos de gran rendemento e nivel do noso equipo. O parón pola intensa calor permitiu ao Cospeito tomar algo de aire e frear o ritmo da SD Guitiriz. Preto do descanso tivo a súa gran ocasión o Cospeito, Jesús detivo unha pena máxima, no que foi a única chegada pola súa área.

Na segunda metade dous novos tantos, Javi e Iván Labrada pecharon o marcador dun encontro que neste segundo acto baixou moito o ritmo.