Tarde de esforzo, entrega e tres puntos para o xuvenil

O conxunto xuvenil impúxose por 2-1 á Pontenova. O encontro foi entretido con opcións para os dous conxuntos. Dani culminou unha boa xogada colectiva no 1-0, e pouco despois, Vizo puido colocar o 2-0. A Pontenova tentou repoñerse e tivo as súas opcións pero non sería ata o final da primeira metade cando lograse o tanto da igualada.

Na segunda metade, a tónica non mudou, é o resultado final ía decidirse cun gol de Paulo tras rexeite do meta visitante a disparo de Vizo.

A vindeira xornada o xuvenil volve xogar como local ante a SD Viveiro.