Saúdo do presidente

Recordando, xa fai uns anos cando o club comezou a súa andaina no mundo do fútbol. Non podo deixar pasar a oportunidade que se me brinda, para agradecer a cada unha das persoas vinculadas ó club, que ó longo de todo este tempo, fixeron posible que este equipo sexa unha realidade. Gracias polo voso traballo e adicación.

Dende o primeiro día o obxectivo deste club non mudou: sempre foi cubrir unha necesidade deportiva do noso concello. Todo, a través dunha formación tanto deportiva coma persoal. Para conseguilo, dende fai tempo, tentamos construír canles comunicativas positivas para poder contar cun concello comprometido co deporte e coas sociedades deportivas que son de seu. As súas instalacións deportivas son unha prioridade para nós, loitando pola súa construción, mellora, conservación ,ampliación e/ou remodelación.

Tentamos á vez, ir cos tempos e non vivir de costas á realidade: a presenza nos medios dixitais a través desta web e das nosas redes sociais, faise imprescindible.

Para rematar, quero dar a benvida a todo aquel que nos visite, desexando que a información e contidos que atope nesta web sirvan de referencia do que foi, é e quere ser este club.

Con agarimo


Jesús Lorenzo Moreiras
Presidente