Os penaltis sorrín á SD Guitiriz

Recén comezado o encontro no Campo da Mina, chegaba a primeira pedra no camiño da SD Guitiriz na loita polo pase a seguinte ronda da Copa Deputación. Un desaxuste na parcela defensiva acabou deixando só dentro da área ó dianteiro local , Ioan Alexandru, nun man a man contra Jesús, no cal o noso porteiro non puido impedir que o balón acabara no fondo da rede (1-0 | 2′).

O feito fixo cambiar a actitude dos nosos xogadores, que, ó pouco tempo e tras unha intensa presión lograron provocar un córner a favor que supoñería o empate. Jose foi o encargado de conectar con Labrada nunha boa xogada ensaiada na que o capitán conseguiu definir ó fondo da portería rival. (1-1 | 9′).

A primeira parte continuou moi disputada, sen ningunha acción clara de perigo para ningún dos dous equipos, pero coa sensación de dominio do cadro pontenovés, que conseguía chegar con máis facilidade á zona de perigo.

O conxunto guitiricense voltou con forza do descanso, e ó pouco de arrancar o segundo tempo, outra gran presión na área rival conseguiu provocar atrancos na blocaxe do porteiro local, o colexiado Bahia Saghair sinalou o libre indirecto que aproveitaría Suso, cunha excelente definición polo ángulo dereito, para poñerse por diante no marcador. (1-2 | 47′).

Tras liderar o electrónico, o Guitiriz pasou por un bo momento, no que conseguiu ter controlado o ritmo do partido, pero pouco a pouco o encontro foise poñendo costa arriba, o cansancio comezaba a notarse nas pernas dos nosos xogadores e o Guitiriz realizou o primeiro cambio para darlle aire ó equipo (Suso por Pablo, 62′) .

Pese ó esforzo dos nosos, crecían as ansias do Sporting Pontenova por empatar, e tras un centro lateral o balón chegou ó segundo pau, onde, de novo Ioan desmarcado, conectaría un testarazo para batir por partida dobre a Jesús (2-2 | 79′).
O cadro visitante viríase abaixo, e ó pouco tempo, nunha xogada semellante á do segundo gol, Óscar conseguiría rechazar o esférico morto dentro da área para poñer ó seu equipo por diante (3-2 | 83′).

De novo, houbo un “click” nos nosos xogadores, que voltaron a subir as líneas e conseguiron crear accións perigosas, como o remate de Ansede ó traveseiro no 85′.
E cando parecía que todo ía rematar ca vitoria dos locais, unha última presión dos nosos voltou a provocar un erro na defensa da Pontenova, na cal Diego Alvariño conseguiu interceptar un pase atrás e batir a Xoel por baixo das pernas (3-3, 87′).

Os últimos minutos do encontro estiveron trabados, Tanke tivo que abandoar o terreo de xogo con sangue na faciana, o que lle deu a oportunidade a Óscar (Óscar por Tanke, 89′) xuvenil de último ano de desputar ó final do partido e ser unha peza clave na tanda de penaltis que agardaba tras o pitido final.

A lotería dos penaltis esta vez sorriu á SD Guitiriz, impoñéndose por 6-7 no marcador final. Ansede, Óscar, Jordi, Antón, Jose, Cabado e, de novo Diego Alvariño foron os encargados de materializar as penas máximas que, grazas á última parada de Jesús deron o pase a seguinte ronda da Copa Deputación, que enfrontará ó primeiro equipo ante o Mondoñedo o 8 de decembro no Suso Cruz.