O Xuvenil vendeu cara a súa derrota ante o líder

O Xuvenil perdeu 3-1 na súa visita a Foz, todo nun encontro no que competiu moi ben e no que o penalizou o arranque da segunda metade.

Tras uns primeiros minutos de asentamento o Xuvenil mostrou unha cara valente, cunha presión moi alta que fixo que os locais tiveran moitos problemas no inicio do xogo. Co paso dos minutos o conxunto medrou en confianza e comezou a chegar en rápidas transicións á meta local. Preto do descanso Vizo non puido superar no un para un ao meta local pero o rexeite convertiuno Paulo no 0-1.
O comezo da segunda metade, trouxo un arranque moi forte do Foz, que non foi quen de parar o noso conxunto e que significou poñerse con desvantaxe no marcador en apenas uns minutos. Cando peor pintaba foi quen de reorganizarse e axustar mellor a nova proposta dos locais, e pouco a pouco de novo foi quen de ter o encontro máis controlado entrando no último tramo do encontro con varios balóns soltos na área local que poideron significar a igualada. Unha desafortunada acción tirou por terra calquera esperanza con pouco menos de dez minutos por xogar. Os locais puxeron o 3-1 dende o punto de penalti e xeraron varias claras aproximacións máis nos últimos minutos.