O infantil perdeu na súa visita ao Casás

O conxunto de Ramón, que acudiu a cita con dous xogadores alevíns, foi quen de competir ben na primeira metade. O inicio da segunda trouxo 2 goles moi rápido dos locais que deixaron sen opcións aos nosos. Aínda así o resultado finalizou cun resultado máis abultado que o visto no terreo de xogo.