Instalacións
A SD Guitiriz ten o seu campo sito na rúa cova da Serpe, no concello de Guitiriz. Para saber como chegar as instalacións, pódese consultar o arquivo adxunto, imaxe do rueiro do pobo.
Hoxe en día, as instalacións do SD Guitiriz levan por nome Suso Cruz, en recoñecemento ao labor desta persoa polo fútbol e deporte deste pobo. O cambio do nome das instalacións fíxose fai uns anos deixando atrás o nome de A Veiga.
Nestas instalacións xoga todos os partidos da casa a SD Guitiriz.
O terreo de xogo e de herba e ten unhas dimensións de 105x64 metros. Nas inmediacións do campo atópanse os vestiarios sitos debaixo da tribuna e das gradas. Conta con varios almacéns, baños, bar... Anexo ao campo principal, está o campo de terra que se utiliza para adestrar.
Na actualidade e tras a renovación do céspede, a SD Guitiriz conta cun dos mellores campos da provincia tanto en dimensións como no seu estado. Nos últimos anos tamén se renovaron partes das instalacións sendo remodelado o bar, cambiando as portas de acceso ao campo e realizando melloras máis pequenas pero non menos sustanciais, todo para conseguir pouco a pouco unhas instalacións dignas. Queda pendente a construción dun zona de lavado para a roupa do club, zona de ximnasio e a adaptación do acceso ás gradas para persoas con algún tipo de discapacidade motriz.
O mantemento das instalacións corre a cargo do concello e do club.