II Torneo Fútbol Base SD Guitiriz

O pasado 30 de setembro no Suso Cruz disputouse o II Torneo de Fútbol Base da SD Guitiriz, nesta ocasión de categoría alevín.
16 equipos repartidos en 10 representantes da provincia da Coruña e 6 da de Lugo competiron durante toda a xornada na procuro de facerse co II Torneo organizado polo noso club.

38 encontros e 154 goles (só un encontro rematou con empate sen goles) son o balance da competición, na que todos os conxuntos conseguiron atinar coa portería rival.

Tras unha fase de grupos onde os principais candidatos xa se mostraron moi fortes chegou a hora da verdade, dos conxuntos lucenses tan só o CD Lugo puido coarse en cuartos de final, os lanzamentos dende os 9 metros decidiron que o RC Deportivo estaría en semifinais. Tamén dende o punto fatídico se resolveu o Luís Calvo vs R. Ferrol con maior acerto dos primeiros. Ural e Calasanz tiveron menos atrancos para plantarse en semifinais.

O Ural e o Deportivo, tal e como xa sucedera na fase de grupos, depararon un dos encontros de maior emoción e intensidade e desta volta, de novo, o Ural saíu vencedor. O Calasanz venceu pola mínima ó Luís Calvo e selou o seu pase á final.

No encontro polo 3º e 4º posto o RC Deportivo venceu con claridade ó Luís Calvo.

Na final dous dos conxuntos que dende o principio da competición mellores sensacións transmitiron. O Ural mostrouse coma un equipo moi solidario, intenso e con unha gran capacidade de competitividade. En fronte o Calasanz, conxunto que destacou entre outras cousas no Torneo polo seu xogo vistoso e polo gran nivel de varios dos seus xogadores.
Tras media hora de xogo, o marcador foi de 1-1, polo que os lanzamentos de penalti definirían ó campión. O Calasanz estivo máis atinado e rematou no máis alto despois dunha intensa xornada de fútbol.