Estreamos nova pel….

O primeiro equipo muda a primeira equipación, o vindeiro domingo 22 ante o Ourol faremos a súa presentación. Baixo o lema “Nova pel, mesmo sentimento” lanzamos unha campaña para achegar a todos os afeccionados, socios… que o desexen levar o noso club moi cerca.

En breve estará dispoñible nesta web a súa reserva e tamén tentaremos facilitala por outras canles.

Como adianto convidámosvos a coñecela o vindeiro domingo.