Contundente victoria na visita á Candelaria

Dous dobretes de Javi e Pablo selaron a victoria na Candelaria da SD Guitiriz.

Na primeira metade Javi adiantou á SD Guitiriz nunha xogada de estratexia e puido aumentar a conta dende o punto de penalti pero o balón acabou no pau. Non foi a única ocasión, a falta de puntería privou ó conxunto de Delfín de poñer terra de por medio no marcador e rematou pagando co empate dos locais no último suspiro da primeira metade.

Na segunda metade todo foi máis doado cando Pablo puxo o 1-2, os locais acusaron o gol e Javi e de novo Pablo pecharon o marcador final.

A vindeira xornada o Cospeito visita o Suso Cruz.