Comunicado oficial Copa Deputación

Os clubs afeccionados convivimos cada tempada con variadas situacións, unhas veces positivas e outras non tanto, pero entendémolo como algo co que hai que convivir nun club afeccionado.

Pero por desgraza, o noso club hoxe, vive na impotencia, rabia, incredulidade…Son moitas as cousas que nos pasan pola cabeza. A estas horas da noite o noso primeiro equipo está moi preto de dicir adeus á Copa Deputación por non dispor do número mínimo de xogadores para xogar o seu encontro. Non o faremos por perder dentro do terreo de xogo, farémolo por unha decisión unilateral da FGF.

Os feitos

Vamos poñernos en situación:

1.      O pasado 19 de maio a SD Guitiriz mídese a domicilio ao Roupar en partido de Copa.

2.      Durante o encontro prodúcense incidentes fóra do terreo de xogo, incidentes totalmente alleos ao noso club.

3.      Ante estas incidencias o colexiado tal e como recolle na acta do encontro solicita ao conxunto local a presenza das forzas de seguridade, tras non atender a esta petición, xa na segunda metade o colexiado decide suspender o encontro por temor pola súa seguridade .

4.      Os puntos arriba indicados quedan reflectidos na acta arbitral:

“En el minuto 20 me dirijo al delegado local para que solicite la presencia de la fuerza publica debido a que un sector de aficionados se dirigían hacia mi persona en los siguientes términos “ eres un gran hijo de puta, ya verás a la salida hijo de puta, no sales vivo niñato de mierda” llegando uno de los aficionados mostrar su mano cerrada con el dedo corazón levantado dirigiéndose hacia mi persona. Estos aficionados pertenecen al equipo local ( SDC Roupar), identificados por hacer diversas animaciones a su equipo. Una vez que el delegado avisa a este sector de aficionados las incidencias descritas anteriormente cesaron, motivo por el cual prosigo con el encuentro.

En el minuto 53 suspendo el encuentro debido a que la situación descrita con anterioridad se volvió producir y la la fuerza publica no hacía presencia, debido a que el delegado del equipo local no solicitó la presencia de la fuerza publica. Motivo por el cual decido suspender el encuentro por mi propia seguridad.

El resultado en el momento de la suspensión era 0-0 y teniendo que reanudarse con un saque de banda en la intersección de la línea del medio campo del lado opuesto de los banquillos a favor del equipo visitante ( SD Guitiriz), siendo la situación de los equipos sobre el terreno de juego la siguiente: el equipo local defendía la portería situada al lado de los vestuarios.”

As consecuencias

As consecuencias  de todo o anterior son que a SD Guitiriz , único sen ningún tipo de responsabilidade nesta suspensión nin nestes feitos vai ser a perxudicada.

A FGF fixa de forma unilateral, sen a menor consciencia de que está a tratar de fútbol afeccionado, un día laborable para a disputa do mesmo e para afondar no despropósito fixa a hora das 20:30. Parece que dende as cadeiras das oficinas da FGF se descoñece que os pobos, o rural tamén existen e que temos o mesmo dereito que calquera outro a poder compaxinar as nosas profesións coa práctica deste deporte afeccionado.

Despois de intentar facer ver esta situación o único que recibimos é a desconsideración da FGF, aproveitamos para recomendarlles que actualicen un dos seus lemas para adaptalo así á realidade “Unidos por algún fútbol galego”.

Mención aparte para o noso delegado da federación en Lugo, ao que parece que lle molestan os problemas dos clubs, polo menos do noso. Máis ben moléstalle que llos traslademos.

Ter o mesmo dereito que todos os clubs de disputar esta competición sen ningún tipo de inxerencia federativa cos seus acordos e que se fixara o encontro dentro das franxas horarias vixentes para a competición coma toda a tempada na Segunda Autonómica (Dado que o domingo habería encontro, queda dispoñible a tarde do sábado) o cal nos permitiría poder dilucir no campo se seguimos ou non adiante nesta competición son as dúas peticións que realizamos pero ambas foron denegadas.

Este comunicado é a primeira expresión pública sobre este despropósito pero non será a última. Tivemos que aguantar cando se nos maltratou  e expuxo publicamente, sen o máis mínimo apoio da federación pero esta vez non vamos aguantar, polo menos non calados.

#forzaguiti