Traballada e meritoria victoria en Cabreiros

Cabreiros vs SD Guitiriz 2017/2018

Na 12º xornada de liga a SD Guitiriz visitou ao Cabreiros, 1º contra 2º, dous conxuntos que chegaban a este encontro cunha media de máis de 3 goles no caso do noso equipo e case 3 no do Cabreiros, como contrapunto tamén se median dous dos conxuntos menos goleados.

Un bo comezo da SD Guitiriz permitiulle tomar o mando do encontro e dispuxo de dúas claras ocasións de gol para adiantarse no marcador. Pasado o primeiro cuarto de hora de xogo chegou o tanto que definiu o encontro, foi nunha xogada a balón parado que Iván Ansede rematou a gol.

Co gol en contra o Cabreiros mostraba dúbidas no seu xogo e a SD Guitiriz controlaba as intentonas locais sen demasiados atrancos. Unha xogada de estratexia do conxunto local ía rematar cunha pena máxima que Jesús logrou deter. Foron os mellores minutos do Cabreiros que apretou na procura do empate pero sen éxito ante unha SD Guitiriz que se mostrou moi sobria neste tramo de encontro.

Na segunda metade o Cabreiros perdeu folgos e tivo problemas para xerar perigo ao mesmo tempo que co paso dos minutos quedaba máis exposto ante as contras da SD Guitiriz que puido sentenciar o encontro en varias ocasións no tramo final.

Gran posta en escena ante o Matela

SD Guitiriz vs Matela 2017/2018

O Matela visitaba o Suso Cruz e a SD Guitiriz non especulou co choque, unha gran primeira metade serviu para deixar practicamente definido o encontro. Javi, César e Iván Labrada puxeron o 3-0 no marcador.

Na segunda metade fútbol control da SD Guitiriz e un tanto mais obra de Antón.

A SD Guitiriz toma a Marosa

Burela vs SD Guitiriz 2017/2018

A SD Guitiriz visitou a un dos históricos do fútbol lucense e tamén a un dos conxuntos chamados a estar na loita polo ascenso de categoría, tras un encontro intenso victoria por 1-2 con tantos de Pablo e Borja.

O encontro foi intenso con momentos para ambos conxuntos, na primeira metade o encontro estivo máis pechado no comezo, un par de tiros dende fóra da área por conxunto as aproximacións máis claras. Co paso dos minutos o encontro foise abrindo e aí apareceu Pablo para culminar unha rápida contra e poñer o 0-1. Pouco despois gol anulado a Iván Ansede e outra clara ocasión para poñer terra de por medio. O Burela tivo tamén unha boa ocasión nos últimos intres da primeira metade que resolveu ben Jesús.

O Burela moveu o banco no descanso e asinou un arrinque de segunda metade máis vertixinoso aproveitando a velocidade dos seus xogadores, foi un espellismo, co 0-2 de Borja a SD Guitiriz defendeu sen demasiados atrancos as intermitentes intentonas locais e mesmo puido ampliar o marcador nunha clara ocasión. No 83 e tras varios rebotes o Burela puxo o 1-2 e aí creceron as esperanzas locais que buscou a igualada pero sen éxito ante unha SD Guitiriz que volveu deixar outro encontro de gran traballo que lle permite seguir liderando a liga.

Segundo empate consecutivo

SD Guitiriz vs Pol 2017/2018

A SD Guitiriz igualou a un gol ante o Pol, deixando así os primeiros puntos como local, nun encontro pechado e sen excesivas ocasións de gol.  A SD Guitiriz, sobre todo na segunda metade,  non foi quen de aproveitar o seu maior dominio.

O Pol adiantouse no comezo do choque e puido xogar o encontro que lle conviña, pola súa banda a SD Guitiriz foi de menos a máis no encontro e tras empatar dende o punto de penalti Iván Ansede puido quedarse cos tres puntos.

Traballado punto ante o Iberia

Iberia vs SD Guitiriz 2017/2018

A SD Guitiriz igualou a dous tantos na súa visita ó Iberia. Os locais adiantáronse dende o punto de penalti e dende ese intre os nosos medraron no encontro e fixéronse co dominio do mesmo. Iván Ansede anotou o tanto da igualada e Javi tivo nas súas botas o 1-2 que evitaron entre o porteiro e a zaga local.

Na segunda metade o encontro seguiu coa dinámica da primeira, mesmo cando a SD Guitiriz quedou cun xogador menos pola expulsión de Borja. Froito do dominio chegaría o 1-2 obra de Pablo tras unha gran xogada colectiva. Unha xogada a balón parado devolveu a igualada ao marcador e nos poucos minutos que restaban o conxunto dirixido por Delfín non cesou na procura do gol da victoria pero sen premio.

O Ourol non puido frear á SD Guitiriz

SD Guitiriz vs Ourol 2017/2018

A SD Guitiriz impúxose con contundencia ó Ourol, na primeira metade os visitantes foron quen de marchar ao descanso con igualdade no marcador, 1-1, tras lograr o empate nos últimos instantes. Javi adiantara á SD Guitiriz cun remate de cabeza tras centro de Pablo.

Na segunda metade a SD Guitiriz aumentou a efectividade e foi sumando goles a un marcador que quedou fixado no 7-1 definitivo. Pablo en dúas ocasións, Labrada, Suso, Borja e Javi foron os autores dos goles na segunda metade.