Bo xogo sen premio

Probablemente o partido máis completo do ano, fumos mellores pero faltounos acerto no último tercio de campo. Moi satisfeito a pesar do resultado

Ramón (Adestrador)

Partido moi completo do infantil, sobre todo co balón, no que dominou o choque e especialmente nunha segunda parte que foi un monólogo de posesión do conxunto de Ramón. A Pontenova sustentouse na actuación do seu porteiro e aproveitou ao máximo os desaxustes defensivos da SD Guitiriz para levar os 3 puntos.