Asemblea ordinaria e eleccións á Xunta Directiva

Aquí podes ver a convocatoria da asemblea ordinaria e das eleccións, para estas últimas accede a toda a información aquí.

O vindeiro 3 de Xullo as 19:15 en primeira convocatoria e as 21:15 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar no Suso Cruz. Están convocados a mesma todos os socios do clube (é imprescindible estar ó día nas cotas de socio).

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA ORDINARIA
1/ Balance económico e deportivo da tempada 2018/2019
2/ Previsión deportiva para a 2019/2020
3/ Aprobación de modificación nos estatutos para novas disciplinas deportivas 4/ Elección de nova xunta directiva
5/ Rogos e preguntas

INFORMACIÓN ADICIONAL ELECCIÓNS

a/ CALENDARIO:

DÍA Luns 17 de xuño
Convocatoria de Asemblea e eleccións
DÍA Xoves 20 de xuño
Apertura de presentación de candidaturas

DÍA Xoves 27 de xuño
Peche de presentación de candidaturas
DÍAS Venres 28 / sábado 29 de xuño
Lista candidaturas provisionais / definitivas

b/ INFORMACIÓN BÁSICA

• Segundo os estatutos do clube os únicos requisitos para a presentación dunha candidatura son ter a condición de socio (é imprescindible estar ó día nas cotas) e que a candidatura conte polo menos con catro persoas. (Presidente, vicepresidente, Secretario e Tesoureiro).

•A presentación da candidatura farase nun documento que recolla coma mínimo a seguinte información: Cargo, Nome e Apelidos, DNI e número de socio e dentro do prazo fixado. En www.sdguitiriz.es poderase baixar o ANEXO 1 para facilitar esta tarefa.

A candidatura poderá ser presentada atraves dos seguintes medios:

Por e-mail, enviando a sdguitiriz@yahoo.es

Por mediación de calquera membro da actual xunta directiva

O clube non obstante pon o número de teléfono 636171821 para calquera información adicional ou consulta e tamén para a recollida das candidaturas que non poidan ser entregadas por algún dos medios citados anteriormente.
Toda a información está dispoñible na páxina web do club, www.sdguitiriz.es

Sen máis despídome atentamente., en Guitiriz a 17 de xuño de 2019

Jesús Lorenzo, presidente da SD Guitiriz