Burela vs SD Guitiriz 2017/2018

A SD Guitiriz toma a Marosa

A SD Guitiriz visitou a un dos históricos do fútbol lucense e tamén a un dos conxuntos chamados a estar na loita polo ascenso de categoría, tras un encontro intenso victoria por 1-2 con tantos de Pablo e Borja.

O encontro foi intenso con momentos para ambos conxuntos, na primeira metade o encontro estivo máis pechado no comezo, un par de tiros dende fóra da área por conxunto as aproximacións máis claras. Co paso dos minutos o encontro foise abrindo e aí apareceu Pablo para culminar unha rápida contra e poñer o 0-1. Pouco despois gol anulado a Iván Ansede e outra clara ocasión para poñer terra de por medio. O Burela tivo tamén unha boa ocasión nos últimos intres da primeira metade que resolveu ben Jesús.

O Burela moveu o banco no descanso e asinou un arrinque de segunda metade máis vertixinoso aproveitando a velocidade dos seus xogadores, foi un espellismo, co 0-2 de Borja a SD Guitiriz defendeu sen demasiados atrancos as intermitentes intentonas locais e mesmo puido ampliar o marcador nunha clara ocasión. No 83 e tras varios rebotes o Burela puxo o 1-2 e aí creceron as esperanzas locais que buscou a igualada pero sen éxito ante unha SD Guitiriz que volveu deixar outro encontro de gran traballo que lle permite seguir liderando a liga.