A SD Guitiriz atopa o camiño na Mina

Comezaba o encontro no campo da Mina, e o Sporting Pontenova quixo deixar claro que estaban a xogar na casa, dominando as primeiras posesións do partido non tardarían en crear perigo na área visitante.

A primeira ocasión tería lugar dende os once metros apenas pasados cinco minutos de xogo, pero unha excelente parada de Jesús impediría á Pontenova poñerse por diante.

Non sería a única xogada na que o porteiro guitiricense fose determinante, xa que pouco tempo despois, acabaría por sacar dous man a man de maneira excelente para seguir coa porta a cero.

A gran actuación do gardameta visitante deu folgos ó seu cadro para reaccionar, e, tras unha boa presión, Javi conseguiría roubar o balón en tres cuartos de campo para acabar definindo por riba de Diego, convertendo o primeiro gol en liga, e adiantando así ó equipo no marcador. (0-1, 16′)

A partir deste momento, o Guitiriz soupo atoparse no partido, e tras recolocarse no terreo de xogo, a Pontenova deixou de atopar tantos ocos para saír co balón e optou por un xogo máis directo, o cal soupo defender ben a zaga visitante reducindo a ameaza pontenovesa.

Foi tras un balón en longo dos locais, onde puido recuperar a posesión o Guiti e armar o contragolpe polo carril central no cal Javi definiría fora da área tras unha conducción dende o medio do campo para aumentar a vantaxe ó dobre antes do descanso. (0-2, 37′)

Tra-lo descanso, os nosos saíron ben posicionados sobre o verde, evitando o perigo rival; malia iso, un balón interior fixo a Jesús ter que aparecer de novo para evitar dar chance de remontada ós locais.

Non tardou en reaccionar o cadro técnico, que viu necesario introducir aire fresco para continuar coa vantaxe no electrónico (Alvariño por Ibra, 52′ ; Cabado por Miguel, 62′ e Jordi por Antón 67′).

Non estaban equivocados Jose e Delfín, pois cedo chegaría outra ocasión clara para aumentar a diferencia; tras unha gran presión, Alvariño recuperaría o balón e dentro da área atoparía a Javi que non podería completar o “hat-trick” debido á gran intervención de gardameta pontenovés.

Ó pouco tempo, Labrada atoparía cun gran pase en profundidade a Alvariño, que despois dun bo desmarque puido driblar ó porteiro para empurrar o balón ó fondo da rede. (0-3, 71′)

Tra-lo terceiro gol, o técnico visitante decidiu facer debutar en liga a Cendán e a Diego Castro (Cendán por Jose, 87′ e Diego Castro por Pablo, 90′) mais foi no último intre cando nun desaxuste defensivo, Andrés puido batir a un Jesús, ata o momento impenetrable, para acortar distancias no que remataría por ser o resultado final. (1-3, 90′)

Co pitido final chegou a primeira victoria da tempada para os nosos, que agardan no Suso Cruz o próximo sábado ó Meira para desputar a cuarta xornada da liga.