|
O SD Guitiriz Xuvenil toma ventaxa nas semifinais |
|
|
O SD Guitiriz Xuvenil logrou unha sufrida victoria ante a Comercial, nun encontro con fases ben diferenciadas, tras este resultado todo se decidirá no encontro de volta.
Alineación inicial
Borja
Rubio
Jorge
Jacobo
Rodrigo
Javi
Dani Oliveira
Diego López 
Pablo
Esteban
David
Tamén xogaron
Novo 
Luis
Piti 
Rivera
* ( Tarxeta amarilla, Tarxeta vermella, Substituido, Substituto, Gol)
1-1 Rodrigo
2-1 Diego López
3-2 David
O SD Guitiriz tomou ventaxa na ida das semifinais da Copa Elide, na Veiga impuxose por 3-2 nun encontro moi disputado e con fases moi diferenciadas. No minuto 2 a Comercial adiantouse no marcador cunha xogada a balón parado, tras uns minutos de incertidumbre nos locais. Apartir do minuto 10 o SD Guitiriz fíxose co contro do partido e a costa de un gran esforzo tamén físico deulle a volta o marcador con dous tantos consecutivos de Rodrigo e Diego López, ademais dispuxo de boas ocasións para aumentar o marcador. Na segunda metade saiu mellor a Comercial que subiu a liña de presión e puxo en moitas dificultades o SD Guitiriz. Un desaxuste defensivo permitiu a Comercial volver a igualar o encontro e incluso dispuxo de opcións de adiantarse no marcador. No último tramo o SD Guitiriz recuperou un pouco o sitio no campo e esto permitiulle acercarse de novo a meta lucense, así David establecería o definitivo 3-2 qué da unha ventaxa mínima de cara a volta a disputar no campo de As Gándaras.
|