Inicio
Primeira Autonómica
Novas
Plantilla
Estadísticas
Competición
Clasificación estadística
Calendario
Cadro de resultados
Evolución
Xuvenis
Novas
Plantilla
Estadísticas
Competición
Clasificación estadística
Calendario
Cadro de resultados
Evolución
Convocatoria
Club
Campo Suso Cruz
Directiva
Historia
Historico Goleadores
Historico Goleadores Xuv.
Hitorico partidos
Entretemento
6ª Liga Fantástica
5ª Liga fantástica
¿Sabias que?
"Jose e Treitas son os únicos xogadores da actual plantilla que non proceden do equipo xuvenil"
Videos

No menú superior en Videos atoparás videos relacionados co SD Guitiriz
Entrevista a Rodrigo Imprimir E-Mail
Rodrigo cumpre coa presente a súa 4ª tempada no SD Guitiriz, chegou no seu segundo ano de cadete, cando a súa etapa xuvenil toca o seu fin cóntanos as súas impresións sobre toda esta etapa e a que está por chegar.





Na actualidade disputades a Copa Elide. ¿Como ves a competición?

Agora mesmo...bastante igualada, calquera a podería gañar

¿Como crees que chegou o equipo este ano a competición, tanto a nivel físico coma mental?

No físico..igual que estabamos, sen ningún problema grave, no mental ben..sobre todo creo que o descanso desde a ultima xornada nos veu ben.

¿Onde crees que esta a clave para poder loitar polo titulo de Copa?

Na concentración en cada partido, en ir gañando partido a partido sen pensar xa na final.

Supoño que sería unha boa forma de rematar a túa etapa coma xuvenil.

A mellor e mais xa que non puidemos loitar polo ascenso.

Volvendo a liga, ¿Que obxectivos tiña o equipo no comezo da tempada?

Pois non tiñamos obxectivos claros, aínda que aí que recoñecer que no fondo todos tiñamos esperanzas en estar arriba na clasificación, xa que temos un equipo moi amplo e competitivo.

¿Que factores crees que influíron mais no poder loitar ata o final por xogar a fase de ascenso?

A boa relación no vestiario, principalmente,  e logo tamén o sabernos levar de Jose e Totó, xa que as veces aí que recoñecer que non e doado…. E sobre todo o pensar en partido a partido e crer que podiamos logralo.

Resultados aparte. ¿Que valoración fas da actuación do equipo a nivel de xogo?

Que tivemos un alto nivel, sobre todo en algúns partidos...nos que o requirían, aínda que tamén nos relaxamos en algúns que viamos mais doados.

E a tempada que ven ¿Que lle auguras o SD Guitiriz Xuvenil?

Que terán un bo equipo, moi competitivo, xa que non cambiara demasiado a plantilla. Eu espero que logren cando menos estar como este ano e creo que o poden conseguir.

¿Que recordo gardas do SD Guitiriz vs Milagrosa?

Son moitos os recordos, entre eles toda a xente na grada como nunca a vira, tamén como fumos capaces de remontar un 0-2 antes do descanso e bueno en certo modo tamén o non lograr gañar que foi un pau para todos,  pero quedarémonos co bo partido realizado.

¿Que lembras do Rodrigo que chegou o SD Guitiriz fai 4 anos?

Que cambiou moito, sobre todo mentalmente. Creo que madurei no saber estar nun campo de fútbol aínda que a veces non o pareza…

creo que vou botar moito de menos ser xuvenil, xa que creo que e a mellor etapa


¿Ten isto algo que ver co teu "forte carácter"?

Si, moito! pero creo que co paso do tempo se aprenden moitas cousas do fútbol e xa non so futbolisticamente, que tamén, senón a nivel persoal.

Dende o comezo actúache de central, e tamén como medio centro nalgunha ocasión. ¿Son as posicións nas que mellor te atopas?

Si, sen dubida. Aínda que no medio en ocasións atópome algo perdido, supoño que será da costume de xogar de central, pero gústame tamén intercambiar as dúas posicións nas ocasións que se pode.

Co paso das tempadas fúcheste convertendo nun dos xogadores referencia do equipo. ¿Como levaches este cambio de rol?

Creo que ben, pero todo grazas a que os demais tanto xogadores como adestrador mo puxeron moi doado de levar.

Creo que acertei quedándome aquí, xa que  aínda que fose unha moi boa oportunidade, aquí teño todo o que necesito, amigos e desfruto xogando


En catro anos foron bastantes os compañeiros cos que impartiuche vestiario. ¿Que opinión tes do vivido neste tempo?

Solo recordos bos, quizais o primeiro ano algo mais cortado por chegar novo o equipo pero a integración foi moi fácil, sobre todo destacar que fora o ano que fora e como foran os resultados sempre houbo bo rollo dentro do vestiario. Iso foi o importante e creo que e a principal base da boa tempada actual.

A comezos desta tempada tiveche a opción de dar o salto a Liga Nacional (As Pontes), pero finalmente permaneciche no SD Guitiriz, co paso duns meses ¿Como ves agora esa situación?

Creo que acertei quedándome aquí, xa que  aínda que fose unha moi boa oportunidade, aquí teño todo o que necesito, amigos e desfruto xogando. E creo que e o importante aínda que recoñezo que seria unha bonita experiencia, pero tamén foi e esta sendo bonita a que estou vivindo.

E a tempada que ben, ¿que esperas do teu primeiro ano despois de xuvenís?

Pois espero poder continuar na SD Gutiriz e ir contando con minutos, e por suposto despois dunha non moi boa tempada do primeiro equipo, pois volver intentar ascender. E a nivel persoal creo que vou botar moito de menos ser xuvenil, xa que creo que e a mellor etapa.

Breves!!!!!!!!!!!

¿Serás adestrador? Quizás
¿Dentro de pouco? No
¿Fuches feliz na etapa xuvenil? Si, moito
¿Cambiarías algo? Non, bueno xogar a fase
¿San Roque ou San Juan? San Juan
¿Xoldra ou Titanic? Xoldra
¿Fútbol ou Futbolín? Fútbol
¿Ataque ou defensa? Ataque

Que che suxire :

Iván Cruz: Crack
Marcos: Badanas
Ripi: Tolo
Esteban: Kun
Totó: Duro
Borja: Progresión
Novo: Defensa
Samuel: Leñero
Piti: Rápido
Pablo: Tractor
Javi: O Jefe
Os teus 4 anos en xuvenís: Aprendizaxe
A liga que ven de rematar: A mellor que xoguei
Rodrigo e Samuel como parella de centrais: Algo de descoordinación
E con Jacobo: Moi boa co que mellor me atopo dos que levo xogando
Os goles que metiches: A maioría a balón parado

 
6ª Liga Fantástica
6ª Liga fantástica
Participa
Axenda

Martes 31

19:00: Adestramento Equipo Xuvenil

21:30: Adestramento Primeiro Equipo

Xoves 2
19:00: Adestramento Xuvenís

21:30: Adestramento Primeiro Equipo

Venres 3
21:30: Adestramento Primeiro Equipo

Sábado 4

18:00: SD Guitiriz vs Vioño CF

Domingo 5

16:00: Presentación SD Guitiriz

* Fotos oficiais

* Presentación himno

* Triangular SD Guitiriz, SD Guitiriz Xuvenil e Momán

* Pinchos





Facebook

Toda a actualidade do SD Guitiriz en Facebook da man de David Fernández
Entrevistas
Consulta a entrevista a Rodrigo, accede no menu superior a "Entrevistas".
Acceso





¿Recuperar clave?
Enquisas
Que opinas da nova web...
 
¿Quen queres que sexa o próximo entrevistado?
 
Conectados
Hay 19 invitados en línea